jueves, 15 de julio de 2010

Normas para la travesía: El Concello informa..

Boa tarde,
a concellería de deportes informa:

1. quedamos ás 9:00 horas da mañá no centro Social do Mar de Bueu (puntualidade por favor).
2. despois dunha breve explicación das carcaterísticas dos diferentes percorridos, de recoller a bolsa para a roupa, xunto co gorro e a camiseta, e firmar a asistencia, marcharemos ás 9:20-30 cara a Praia de Ancoradouro.
3. Na praia de Ancoradouro (7000) haberá dúas saídas. Unha, ás 10:00 h para os nadadores con tempos superiores ás 2h 20 minutos. E outra, ás 10:40 para os nadores por debaixo do tempo indicado anteriormente.
4. Unha hora despois, é dicir, ás 11:00 h saíran os de Mourisca (4200 m).
5. E dúas ghoras despois, é dicir, ás 12:00 h sairán os de a Praia de Beluso (1600 m).
6. A roupa recóllese na chegada ( Praia de Pescadoira).
7. Tema do aparcadoiro. O coche poderédelo deixar no aparcadoiro de centro social, ou incluso na chegada (praia Pescadoira), que está a 200 m do propio centro social.
8. Quen o desexe poderá ducharse con auga quente poderá utilizar o pavillón Municipal, que está a 4 minutos en coche da chegada e do aparcadoiro do centro social.
9. Haberá avituallamento con bebidas isotónicas e prátanos durante o percorrido.
10. Na chegada teredes auga ou refrescos para quen o desexe.
11. Durante o percorrido haberá boias ben visibles, e estaredes acompañados en todo momento por kaiaks, zodiacs e diferentes embarcacións para garantir a seguridade.
12. O remate teremos uns pinchos na zona de chegada (paseo de Pescadoira).
13. Se hi algún de vos que por calquera circunstancia non vai a vir, por favor, comunicádeo porque hai xente en lista de espera.

No hay comentarios:

Publicar un comentario